Puntuación: 2.2/5 (47 votos)
Cun plantexamento cronolóxico, esta obra desgrana os episodios que conduciron á materialización dunha das obras da Arte Contemporánea máis famosas de todos os tempos, Entre malo e xuño de 1937, o pintor Pablo Picasso plasma toda a rabia, a impotencia e a dor que Ile causa o bombardeo sobre Guernica.
O mural foi un encargo para representar a España na Exposición Universal de París, pero converteuse nun símbolo da libertade, unha metáfora sobre o drama humano, o despropósito político e a antesala da debacle posterior, co estourido da II Guerra Mundial.
Heliane Bernard asómase á vida persoal do artista malagueño e repasa os feitos dende varios puntos de vista: aborda o complexo contexto histórico, métese na pel das vítimas da violencia, empatiza con aqueles que -como Picasso- asisten aos acontecementos dende a distancia e proxecta a conmoción que Ile causa tanta destrucción. As ilustracións de Olivier Charpentier, de trazos sobrios e audaces, xogan co simbolismo cromático: o vermello e o negro do sangre e da morte apodéranse do universo azul do pintor, dominando o seu impulso creativo.
O álbum contén un anexo con máis información sobre a historia de España na década de 1930 e unha biografía de Pablo Picasso que percorre a súa etapa parisina, a súa evolución artística e a súa obra máis universal; Heliane Bernard analiza os personaxes, elementos e composición do "Guernica" para que os lectores reflexionen sobre o seu significado: a crueza extrema dos conflictos bélicos, un berro contra a senrazón, un lenzo comprometido, que actualmente se pode visitar no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, de Madrid.
[Presentación editorial]