Puntuación: 2.3/5 (47 votos)
Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, "A esfinxe de amaranto" vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha
estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano
de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha
saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade .
A través deses personaxes irnos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón
das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal irnos ir descubrindo a ver
dadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, "A esfinxe de amaranto" afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar
a conmoción reparadora da memoria.
[presentación editorial]