Unha excelente escolma de textos teóricos e unha lectura profunda de autores e obras literarias a cargo dun dos estudosos e críticos máis recoñecidos do noso tempo. Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Joyce, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero e Carlos Casares son algúns dos autores que Darío Villanueva analiza no presente libro dende unha esixente perspectiva académica e unha expresiva vontade ensaística. [Contracapa do libro]