Xogo de realidades e paseo insólito pola duplicidade do individuo, "Positively, un encontro
casual" fai penetrar o lector nun territorio novo no que realidade e ficción se entremesturan.
Coma caixas chinesas, a narración vaise abrindo a novas realidades conforme o libro avanza.
As reviravoltas desta historia impredicible lévannos polos vieiros do amor. O protagonista, Fran,
busca a Laura nun movemento que vai do mundo da ficción á vida, para volver despois á lite-
ratura como única realidade na que o desexo e a imaxinación teñen posibilidade de triunfar.
Santoro de Membiela consegue rachar todo tipo de moldes expresivos usando a ironía
e o dobre sentido cunha habelencia de narrador que lembra a obra de Vladímir Nabókov. Os
personaxes deste conto de contos viran finalmente autores e o autor acaba por ser lector nun
exercicio de dominio literario nada convencionál. Unha canción de Bob Dylan serve de colofón e leitmotiv a este orixinal experimento narrativo que confirma un novo autor, cun mundo
de seu e un xeito distinto de contar historias. [presentación editorial]