Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores.
É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron... nin verán". [Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Saladina
» Escritor/a: Xavier Queipo
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2007
» Xénero: Infantil-Xuvenil
» CDU: 82-93=134.4
» IBIC: YF - Ficción e historias reais infantís e xuvenís
» Coleccion: Costa Oeste
» Pax: 100
» ISBN: 978-84-9865-024-2