No mes de xaneiro de 1809, un artilleiro de Napoleón queda ferido nunha emboscada tendida ao exército francés por un grupo de guerrilleiros galegos preto de Pontedeume. Os seus compañeiros, créndoo morto, van deixalo abandonado na súa fuga, logo de sacarlle o capote, as botas e as armas...
Unha muller atópao inconsciente, sente pena por el e levao á súa casa, onde o agocha para non dar lugar a que crean que é unha traidora afrancesada. O seu home é guerrilleiro e o seu fillo soldado do exército galego, o que vai permitir á autora relatar o acontecido en Galiza na Guerra da Independencia, hai dous séculos. [Lapela do libro]