No abrente democrático da II República, Galiza ensaiou o seu primeiro intento de autonomía política. En decembro de 1932 os concellos galegos, constituídos en asemblea, elaboraron un proxecto de Estatuto. No entanto, o proceso autonómico galego non estivo libre de obstáculos. A xenerosidade e compromiso dos galeguistas non podían ocultar a súa debilidade; a evolución da conxuntura política tampouco axudou. Este libro pretende ofrecer unha síntese dos traballos encamiñados a fornecer a Galiza dun Estatuto de autonomía ao longo da II república. [Contracapa do libro]