O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control.
A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores o material artístico e a función creadora. [Presentación editorial]