Unha nena morta que fala con outra nena, as dificultades dunha nubeira para lle aprender á filla a facer treboadas e as mañas dun trasno para amolar a todos os Álvaros que ten preto, nomeadamente ao ciclista Álvaro Pino nun Tour de Francia. Velaquí as claves destes tres relatos que proban como o fantástico se infiltra na nosa vida cotiá. Un libros feiticeiro para ler de punta a cabo... se antes non tronzas coa risa. [Contracapa do libro]