Publicado por primeira vez en 1774, As mágoas do mozo Werther foi un dos libros máis lidos e máis influentes do seu tempo.
Novela epistolar na que abrollan as paixóns e o mundo interior do ser humano, a obra de Johann Wolfgang von Goethe inclúese no período estético coñecido como Sturm und Drang e leva á literatura unha concepción da escritura que reflicte a expresión máis espontánea, afastada das normas clásicas. Con ela, a narrativa ábrelle as portas á expresión directa dos sentimentos e as emocións. [Presentación editorial]