A Manuel Rumbau, protagonista desta historia, chegoulle a hora de escoller oficio. Pero non ten nada claro que traballo lle agradará. Antes de decidirse, descarta algúns por verlles varios inconvenientes: ferreiro, avogado, mestre de escola, ministro... A ningún deles lle dá collido o xeito. Probará a facer de detective, de peiteador, de toureiro...
Enric Lluch naceu e vive en Algemesí (Valencia). É profesor de secundaria. Ten publicados numerosos libros para nenos e mozos, todos eles caracterizados por un estilo moi persoal, cun ritmo áxil e unha utilización vigorosa e orixinal da lingua. As súas obras recibiron diversos premios. En "Nin oficio nin beneficio" Lluch ofrece aos rapaces, e aos non tan rapaces, un entretemento garantido por medio dunha irónica visión das ganas de traballar. [Contracapa do libro]