Desde que en 1916 se filmou a primeira película se filmou a primeira película de ficcfión en Galicia, Miss Ledya, ata finais de 2007, ducias de rodaxes elixiron como escenario a variada xeografía do noso país. Rodado en Galicia é crónica global do que foi es intensa actividade, aínda viva para ben do sector audiovisual. Directores e actores de diferentes nacionalidades escolleron Galicia para situar as súas cámaras e recrear tramas dos máis variados xéneros e calidades, nunha realción que segue a medrar.
Fichas técnicas, sinopses, testemuñas, reportaxes, críticas e biofilmografías completan o abano de contidos dun libro que o Consorcio Audiovisual de Galicia promove como parte das actividades da Galicia Film Commission para incentivar e colaborar nas futuras rodaxes que, sen dúbida, seguirán a desenvolverse entre nós. [Contracapa do libro]