O libro Galegos en Bizkaia - Galizaiarrak Bizkaian, en edición bilingüe en galego e éuscaro, é un estudo da correspondencia e a relación entre o poeta galego Manuel María e o vasco Gabriel Aresti e como ambos reflexionan e comparten escritos sobre as relacións entre as dúas comunidades e culturas, sobre todo no que ten que ver co eido da inmigración galega en Bizkaia na década dos 60. O libro recolle poemas inéditos dirixidos aos traballadores galegos e vascos.