Moncho Iglesias publica este seu primeiro libro de poemas en galego, e faino desde Oriente Medio (Belén), onde vive, e desde onde é quen de escribir con humor no medio de tanta violencia, con alegría entre a morte constante, con optimismo alá onde non se ve o futuro, con amor á xente no medio de tanto desprezo... Pero a poesía é unha forma especial de ollar o mundo, de vernos.
Moncho Iglesias fai poesía coa súa "Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos", porque tal e como titulou o autor unha súa conferencia recente, “A poesía como alma de futuro e memoria de paz”. Palabra e imaxe relacionadas, poema e fotografía explicándose mutuamente. [Presentación editorial]