Irwin Allen Ginsberg (1926-1997) un dos máis intensos poetas beat. E sempre no medio do movemento beat dos cincuenta e os hippis dos sesenta. O modernismo, o beat, o romantismo, o jazz, o budismo e a súa orixe xudía deixaron inmensa pegada na súa obra.
Asemade, sempre se considerou discípulo de William Blake, Walt Whitman e William Carlos Williams.
OUVEO, a súa obra máis coñecida, comeza co famoso “Vin ás mellores mentes da miña xeración destruídas pola tolemia, famentas histéricas espidas”.
OUVEO provocou un notable escándalo na súa época pola crueza da súa linguaxe, chegando mesmo a ser prohibida. As ideas libertarias, e antisistema, de Ginsberg fixeron que o FBI o considerase unha grande ameaza para a seguridade.
A segunda parte do OUVEO foi escrita baixo a influencia do peyote. Porque Ginsberg buscaba sempre outras experiencia creadoras.
OUVEO E OUTROS POEMAS é un dos poemarios máis lidos e imitados dos últimos tempos. E Allen Ginsberg é un dos grandes poetas do último século. [Presentación editorial]