Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia.
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. [Presentación editorial]