Publicado postumamente, Camposanto devólvenos a inconfundible voz do autor de Austerlitz.
Cando, no ano 2001, W. G. Sebald falece vítima dun accidente de tráfico, interrómpese a obra dun dos escritores contemporáneos máis significativos, nun momento en que o seu prestixio acadara xa ámbito internacional.
Este libro inclúe catro textos nos que o escritor traballou en busca das pegadas do tempo na illa de Córsega e un mangado de ensaios inéditos sobre a literatura pola que sentía especial predilección, de Kafka e Handke a Nabokov e Bruce Chatwin. [Presentación editorial]