"O banqueiro anarquista" é o máis extenso texto de prosa literaria que Fernando Pessoa , máximo expoñente do modernismo literario en Portugal, publicara en vida. O seu conto vainos introducindo no ambiente dunha especia de gentlemen´s club. Tras un xantar refinado, un rico empresario envolve un inexperenciado interlocutor no fume do seu puro e nun raciocinio complexo e paradoxal. Será unha lección iconoclasta e irónica sobre o que este banqueiro, confesadamente acaparador, considera ser o anarquismo verdadeiro e do que el se declara inventor. Xa o oximoro do título desconcerta, e tal vez ao lector o condicione na súa próxima ida ao caixeiro do banco.
Esta primeira tradución de Pessoa ao galego foi galardoada co premio Plácido Castro atendendo á calidade da versión de Xoán Montero e aos criterios de interpretación do orixinal. [Contracapa do libro]