Hai corenta anos, nun bar de pescadores dunha vila da costa do Cantábrico, nunha noite de treboada, coma non se lembra outra, mariñeiros atrapados polo temporal e varias personaxes misteriosas, comezan a contar historias sobre tormentas, naufraxios e mortos. Xunto a eles, o protagonista pasará unha noite inesquecible, na que as súas lembranzas se mesturarán cos relatos escoitados en boca dos mariñeiros. Unha novela breve trepidante. [Presentación editorial]