A personalidade de Álvaro de las Casas (Ourense, 1901- Barcelona, 1950) é coñecida sobre todo pola súa estreita vinculación coas mocidades de Ultreya e pola súa militancia polémica nas fileiras do Partido Galeguista. O magnífico traballo de investigación levado a cabo por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel permite descubrir cuestións até o de agora pouco estudadas, achegándonos ao percorrido vital do personaxe desde diferentes e novas perspectivas: a súa relación coa Casa Real en Madrid ou a etapa final, pero fundamental para completarmos o seu retrato, en Sudamérica. [contracapa]