Puntuación: 1.8/5 (66 votos)
-"A gordura é fermosura!", dicíalle a súa nai, pero a Petra non Ile gustaba a imaxe que Ile devolvía o espello. Quería ser alta, esvelta e elegante, e propúxose remover o ceo coa terra se fose preciso para conseguilo. Ata que coñeceu a Fortunato...
Petra é unha pequena elefante que rexeita a súa gordura e soña con físico diferente.
Logo de romper as súas espectativas con frustrados intentos de adelgazar por métodos que non se acomodan a súa especie, e coa ilusión de buscar a solución ao que ela considera "un problema", Petra inicia unha viaxe que propiciará un encontro moi especial, divertidas aventuras e, sobre todo, fará que tome conciencia de si mesma, acepte de bo grado a súa condición natural e sinta unha percepción da gordura, non distorsionada.
En certo modo, este corto reflicte unha metáfora da realidade e unha alegoría dunha sociedade que non deixa de seducir con modelos que se alonxan da realidade de cada quen, pero na que moitas persoas tratan de proxectarse.
O conto propón unha visión optimista no sentido de aprender que a autenticidade será o camiño da satisfacción, e que os demáis nos aceptarán tal como somos.
A ilustradora austríaca amosa unha vez máis, neste caso tamén como autora, o seu dominio da psicoloxía d@s nen@s. As ilustracións aportan sempre unha chiscadeia ao texto, xogando cos detalles e cos personaxes secundarios facendo que cada nova mirada sobre o libro nos ofreza unha nova lectura, máis rica e suxestiva.
[Presentación editorial]