Puntuación: 1.9/5 (45 votos)
Estrañas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos...
Son algúns dos ingredientes desta novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixiosa Medalla Carnegie, coa que se premian as mellores obras dirixidas a lectores infantís e xuvenís; velaquí as primeiras aventuras da apaixoante saga "A materia escura", convertida nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e poderosa imaxinación do seu autor.
Ambientada na época victoriana, ande mandaban os férreos corsés da moral e as crenzas, esta obra aporta certas doses de rebeldía. Introduce elementos filosóficos, curiosidade científica e dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.
A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados nesta apaixoante lectura, que comeza cuns versos do poeta e ensaísta inglés John Milton. A esta entrega seguiranlle "O coitelo sutil" e "O anteollo de ámbar".
[Presentación editorial]