Puntuación: 1.9/5 (48 votos)
O Gran Guerreiro cabalgaba a galope tendido no seu corcel cando, de súpeto, a neve comezou a caer e a cubrir todo cun manto branco e mesto. Mais, naquel lonxano e solitario lugar case non había onde agocharse: tan só a Cova da Moura ofrecía un abrigo seguro...
"O Gran Guerreiro" -Gerlari Handia- é a obra galardoada co I Premio Etxepare de Literatura Infantil, para autores de Euskadi. Debe o seu nome ao escritor Bernart Etxepare, cura da vila navarra de Eyheralar. Naceu sobre o ano 1493 e estivo preso na época da guerra entre Fernando o Católico e a Raíña de Navarra, Xoana III de Albret. A Etxepare débeselle que escribiu o primeiro libro da literatura vasca, publicado en Burdeos en 1545 co título "Linguae vasconum primitiae".
O relato trasládanos a un tempo pasado, no que o valor e o aceiro impoñían a lei. O autor recréase na descrición da paisaxe, as accións e os pensamentos do protagonista. Pero onde o texto se volve máis intenso é na loita que o Gran Guerreiro emprende cun ser descoñecido que o espreita na escuridade dunha coya; unha criatura escorregadiza que resiste os embates da súa espada; un inimigo misterioso que o supera e o deixa completamente indefenso, sen arma e sen armadura...
[Peresentación editorial]