Puntuación: 2.1/5 (52 votos)
Nunha cabana do bosque vivían tres osos. Un día os osos saíron dar un paseo antes de almorzar; entón Riciños de Ouro atopou a casa baleira e entrou...
"Os tres osos", considerado como unha historia folclórica anónima, foi popularizado polo poeta británico Robert Southey que, baseándose probablemente nunha versión máis antiga, publicou e deu a coñecer o corito en 1837 para toda unha xeración ce lectores do seu país.
Na versión de Southey, o mesmo que na de Eíeanor Mure, publicada seis anos antes, a indesexable intrusa era unha vella roñona.
En 1849 Joseph Cundall publicou o seu "Treasury of Pleasure Books for Young Children" cunha nota na que explicaba os motivos de cambiar a vella intrusa por unha rapaza.
Ao fío do conto tradicional, e sen afastarse da idea final de que a intimidade debe ser respectada, a versión "Tres Osos" de 0Q0 editora constrúe un vinculo entre o narrador e o lector co sentido de buscar unha identificación do neno cos osos, que axude implicitamente á eficacia formativa do conto.
Coa desculpa de explicar as accións dos personaxes, narrador engade, en ton confidencial, unha serie de hábitos, virtudes e bos costumes que inciden no sentido da responsabilidade, na autonomía e no bo uso da liberdade.
Ademais de influír no desenvolvemento conductual e afectivo, e estimular a sensibilidade literaria e artística, non podemos esquecer que este álbum entre as múltiples funcións na aplicación pedagóxica, é un instrumento ideal para transmitir conceptos matemáticos, entender nocións de tamaño (grande mediano, pequeno), así como establecer relacións funcionais entre os osos e o medio co que se relacionan.
Neste campo, as imaxes de Minako Chiba xogan un papel importante propiciando o desenvolvemento de habilidades visuais que axudarán ao pre lector a adquirir o vocabulario necesario para comprensión matemática do número e os conceptos.
Deste xeito ''Tres osos” implica activamente ao pequeno lector interrelacionando as súas conviccións coas do libro, afondando no coñecemento de si mesmo e do mundo que o rodea.
[Presentación editorial]