Trinta e seis poemas que fan referencia a elementos da natureza ou elementos máxicos. Todos os poemas parten dunha frase da tradición popular que dá pé ao desenvolvemento do tema das poesías. Con protagonistas como unha vaca, abellas, un escaravello, un grilo, formigas, un tabán, unha bolboreta... preséntasenos un percorrido polos animais que existen en Galicia.
Unha serie de imaxes fermosas que nos achegan ao folclore galego. [Presentación editorial]