DO AMOR E DA LITERATURA reúne un conxunto de escritos sobre Eros dende o ensaio, a tradución e a creación, debidos a Carmen Blanco, Emma Luaces, Aurora López, Andrés Pociña, María Lopo, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer e Manuel Fernández Rodríguez, prologuista da obra.
Trátase dunha plural invitación ao amor partindo do dereito humano á liberación sexual e á liberdade creativa, ilustrada por unha selección de textos universais de temática amorosa, que vai dende os clásicos do erotismo na Antigüidade grecolatina (Safo, Catulo, Ovidio, Apuleio, Petronio) ata o celtismo amatorio medieval (María de Francia) e contemporáneo (Guillevic), para chegar á explosión de amor tolo do surrealismo (André Breton). Finalmente, a erótica galaica aparece representada pola poesía de Claudio Rodríguez Fer e de Olga Novo.
[Presentación editorial]