Puntuación: 1.8/5 (67 votos)
O oso quería voar e o corvo quería ser forte como un oso.
Como conseguilo? A solución parecía sinxela: só tiña que cambiar as alas polos brazos e... a voar!.. ou non?
A autora alemana asentada en Barcelona, Monika Klose ofrécenos unha divertida historia sobre soños, lealdades e acordos imcumpridos, cunha mensaxe clara: todos temos cousas de valor en nós mesmos, compre só mirar para dentro, valorar as nosas capacidade sen deixar de soñar, porque quen sabe se un día...
O ilustrador portugués André da Loba deseñou unha orixinal proposta plástica a través dunha serie de esculturas de cartón. Os escenarios presentan fondos lisos e claros, e personaxes de concepción cubista e gran forza expresiva, a base de cores primarias. Este trraballo de ilustración parte dunha investigación previa onde o artista portugués ten estudiado o movemento e o equilibrio en figuras tridimensionais realizadas con material de refugallo.
[Presentación editorial]