Que é un calcetín salvaxe?
É un calcetín que está tecido con la salvaxe.
Adoita vivir cun neno ou nena,
gústalle ir ao seu aire e ten modais pouco sofisticados.
Orixinal, divertida e extravagante proposta literaria sobre a vida e milagres dunha prenda moi peculiar que non debe faltar no armario de ningún lector audaz; un completo exercicio de ‘bioloxía textil’, abordando as orixes, a anatomía e os hábitos desta especie tan abundante e á vez tan descoñecida. [Presentación editorial]