Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pala perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
Máis que unha novela, tratase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos. "O señor Ibrahim e as flores do Corán" é o segundo título da Triloxía do invisible", dedicada ás principais relixións, da que tamén forman parte "Milarepa" e "Oscar e Mamie-Rose". [Presentación editorial]