Puntuación: 2.1/5 (37 votos)
O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
Boris Vian escribiu "J´irai cracher sur vos tombes", novela sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra, en 1943. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a silba lectura, non recomendada para menores de 18 anos.
De ritmo áxil, linguaxe suxerente e directa, a intriga e a dureza do relato atrapan a atención dos lectores e lectoras, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltándose todos os límites do politicamente correcto, esta "historia dunha vinganza" aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que rezuma a rabia, o odio e a carraxe das súas víctimas.
[Presentación editorial]