Puntuación: 1.9/5 (43 votos)
Un libro para saciar a curiosidade dos lectores máis inquedos, interesados no que, como, cando, ande e porque do que nos rodea. Esta obra aborda sete grandes áreas nas que se ofrecen solucións ás preguntas máis inesperadas. Destaca pola súa presentación, a modo de caderno, e pola estructura narrativa, de modo que ao final de cada resposta engádese unha nava cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recen adquiridos.
A orixe do semáforo, por que os días da semana se denominan así ou as boas maneiras á hora de xantar son algunhas das cuestións que se expoñen no apartado de hábitos da vida diaria. A procedencia do chocolate ou a función dos colorantes forman parte do catálogo de preguntas referidas aos alimentos. Tamén se pode aprender sobre astronomía, os nomes dos países ou datas importantes na sección de xeografía e historia.
Para que sirve o código de barras, en que melloraron a nosa vida as vacinas, a cremalleira ou a pila eléctrica, son algunhas das razóns para ler o capítulo de inventos e achados. Tampouco faltan actividades tan dispares como o xadrez, o fútbol ou o ciclismo na área sobre lecer. E ademais propón descubrir aspectos novidosos sobre os artiluxios, palabras e conceptos que nos depara a vida moderna, como o robot, o disco compacto, a arroba do enderezo electrónico ou os virus informáticos.
[Presentación editorial]