Puntuación: 2.2/5 (44 votos)
Cando eu era pequeno levaba cueiros.
Era moi cómodo, porque así non tiña que ir ao váter.
Pero os cueiros son para os bebés.
Nesta obra abórdase con naturalidade e frescura o onde e o como dunha acción orgánica, a de mexar, que nenos e nenas fan de distinta maneira. Dos cueiros ao inodoro, pasando polos consellos de hixiene útiles para a vida cotiá.
Este libro, galardoado coa Beca ao Albume Ilustrado de Troisdorf (Alemana) en 2004, está escrito dende o punto de vista dun neno que plantexa reflexións tan espontáneas como as súas dúbidas sobre a limpeza dos aseos nos grandes almacéns ou as dificultades técnicas que He xorden ao adoptar certas precaucións á hora de ouriñar fóra da súa casa. Pensamentos que fai o protagonista deste relato para os seus adentros, sobre por que os adultos actúan cos nenos de certa maneira, adoptando medidas que a eles lles parecen confusas.
Asemade, tamén resulta divertido para os primeiros lectores atoparse con historias coas que se sinten plenamente identificados, que lles plantexan situacións polas que eles pasan e describen realidades que ven con ollos curiosos e ávidos de novas experiencias coas que enriquecer a súa bagaxe vital.
Dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan pola ausencia de tabús, polo aspecto irreverente dalgunhas escenas. Pero por riba de todo, está o seu carácter descritivo, ilustrativo e útil para o día a día.
[Presentación editorial]