Puntuación: 1.9/5 (51 votos)
Unha tarde de outono, nun barrio da zona sur da cidade, ás 19 horas con 27 minutos e 32 segundos, unha muller vestida de amarelo observa sorprendida unha nena asomada á venta do edificio de en fronte. Nese intre...
Nun mesmo lugar e momento suceden moitas cousas á vez, relacionadas entre si, sen que a xente se decate de que aquilo que faga ou diga pode ser visto e escoitado por ollos e oídos alleos. Este libro aborda aspectos relacionados coa medida do tempo e do espazo. Tamén plantexa que ata os acontecementos máis simples poden ter unha repercusión inesperada.
O relato ten estructura circular e, dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan polo seu carácter visual e xeométrico, con certa inspiración no xénero do cómic. Esas cualidades permiten involucrar fácilmente ao público na sucesión de historias que se contan. Así, os lectores mesmo poden imaxinarse como testemuñas directas e privilexiadas de todas e cada unha das accións que pasan simultáneamente, encadeadas entre si.
[Presentación editorial]