Puntuación: 2.3/5 (75 votos)
Que é unha cadeira?
E un cuadrúpedo doméstico con espaleira.
A espaleira diferénciaa doutras especies caseiras, como a cama ou o can.
Adoita vivir en pequenos rabaños dentro das casas.
Tamén habita en colexios e institutos...
Despois de "Manual de calcetíns salvaxes", no que Pablo Prestifilippo facía voar a súa inesgotable fantasía e a dos lectores imaxinando que esa prenda tan -aparentemente- anódina cobraba vida propia, este novo libro achégase tamén ás raíces, aos usos e mesmo á psicoloxía doutro elemento do noso entorno cotiá: a cadeira.
Así, a obra convértese nun informe científico que se remonta ás orixes prehistóricas deste sucedáneo de xirafa e árbore; identifica as partes da súa anatomía e anima o usuario a "espertar" algún deles... Unha aventura emocionante que o Profesor Roxelio Troncoso -alter ego do autor- experimenta en carne propia, o que lle custa algunha que outra sorpresa.
Fiel ao seu estilo inconfundible, cheo de sentido do humor, Prestifilippo preséntalle ao lector unha perfecta guía didáctica sobre a cadeira, destacando as vantaxes de compartir a nosa vida cunha mascota coa que podemos falar, xogar e mesmo facer ximnasia. Un relato nonsense que reborda surrealismo, sumido nun divertido caos de ideas e colores.
[Presentación editorial]