Puntuación: 2.1/5 (49 votos)
Unha vez máis a Fundación Xosé Neira Vilas Convocou o Premio Bienal ESTORNELA de teatro para nenos. Trátase da cuarta edición, correspondente ó ano 2006. A obra premiada titúlase O FILIBUSTEIRO DO MAR DA MAROLA, de Antonio Cordero Álvarez.
O xurado, integrado por Xosé Neira Vilas, Valentín García, Xoán Andrés fernández eLuís Reimóndez (que actuou como secretario), acordou por unanimidade premiar esta obra, na que un neno queda engaiolado pola acción dun estraño filibusteiro e vai coñecendo os misterios e tamén os perigos do mundo da fantasía. Un escritor, atormentado polas musas, completa a aventura co achado dun marabilloso tesouro.
Licenciado en Bioloxía e profesor de música no seu Ourense natal, o autor comparte a autoría de libros de texto sobre a adeucación artística, e dende moi novo está vencellado ó mundo teatral promovendo a creación, adaptación e representación entre a poboación escolar.
O propósito do Premio ESTORNELA é (xa se dixo na convocatoria) estimular a creación teatral e proporcionarlles a nenos e nenas pezas que poidan representar. Insistimos nas vantaxes que ten o teatro na infancia. Entre outras, sirve para a correcta utilización do idioma, a superación de problemas de timidez, eo exercicio de traballar en equipo.
[Prólogo do libro]