Puntuación: 2.2/5 (46 votos)
Erase unha vez un ratiño que un día saíu da súa casa, e buscou alguén con quen xogar. "Ola amigo, queres xogar comigo?"
O colorido das ilustracións, a variedade de formas representadas e agrupadas coa técnica do collage, e a expresividade dos personaxes son cualidades inconfundibles do estilo de Eric Carie. O texto creouse expresamente para acompañar as imaxes, seguindo a mesma estrutura encadeada do deseño; así, o ratiño -o máis pequeno da historia, para que os cativos da casa se identifiquen con el- busca xogar con outros animais, dos que se vai descubrindo a súa identidade ao paso de cada páxina.
A través desta sinxela proposta, o reto consiste en identificar os animais polo seu apéndice final: crin, plumas, escamas, cola de pelo... Tamén se fai fincapé no sentido da lectura, de esquerda a dereita, e en conceptos como "a parte" e "o todo". Ao longo da historia mantense un esquema narrativo, xa que o protagonista reitera a mesma pregunta aos animais que atopa, que He dan respostas diferentes, o que redunda na fixación de novo vocabulario.
E como factor de suspense, aportando a idea de continuidade, un misterioso personaxe que está presente en todo o libro, de principio a fin. En definitiva, unha historia emocionante e divertida, atractiva dende o punto de vista estético e didáctico, polo que resulta especialmente recomendable para primeiros lectores. Outros títulos de Eric Carie editados por KALANDRAKA son "Unha eiruga moi larpeira" e "A xoaniña rosmona".
[Presentación editorial]