Puntuación: 1.9/5 (79 votos)
Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. "Veño dun país moi adiantado onde non hai cousa que non se poida mercar cartos", pensaba o americano para uen se houbese unha pantasma en Europa, xa estaría nalgún museo americano ou mesmo nas rúas, como títere de pago.
A pantasma de Canterville, que lle dá título a este volume de narracións de Oscar Wilde, traducido para o galego por Gustavo Luca de Tena, é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixen-te estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville.
O volume, ilustrado por Federico Fernández, inclúe ademais outros contos: "O rei novo", "O xigante egoísta", "O rousiñol e a rosa", "O príncipe feliz" e "O crime de Lord Arthur Saville", todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidarie-dade entre os homes.
Oscar Wilde naceu en Dublin en outubro de 1854 e morreu en París en novembro de 1900. Da súa vida desgraciada tense escrito moito, pero ó cabo o que importa é a súa obra. Como el mesmo dixera "Ó que queira entrar na casa da Beleza non lle hai que preguntar o que quixo facer, senón o que realmente fixo."
[presentación editorial]