Este libro é froito dunha intensa investigación realizada co obxectivo de analizar o exercicio do dereito de liberdade relixiosa na realidade histórica da xénese e irradiación do protestantismo en Galicia, desde 1868 ata 1931.
Cal é a xénese e desenvolvemento do protestantismo en Galicia? Como pode explicarse a implantación de comunidades evanxélicas de fondo arraigo no seu territorio? Factores socioeconómicos e relixiosos, psicosociais e xurídicos interactúan e inflúen dun xeito simultáneo na penetración, instalación e difusión do protestantismo en Galicia.