Un escritor norteamericano chamado Martin Frost acaba de rematar a súa última novela; para descansar marcha de Nova York. No alborexar do primeiro día no campo, descobre abraiado que unha misteriosa muller está deitada ao seu carón.
Fascinado pola súa beleza e intelixencia, Martín namórase dela.
Quen é esa estraña muller que o sabe todo da súa vida e da súa obra? É unha auténtica musa? É real ou imaxinaria?
Paul Auster escribe un guión cinematográfico que se le coma unha novela. O libro inclúe unha entrevista na que o escritor, tamén director da película, conta como se rodou A vida interior de Martin Frost. [Presentación editorial]