O xurado designado pola Deputación da Coruña acordou concederlle a este traballo (Prensa e Comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX) o VI Premio de Ensaio "Manuel Murguía", polo atinado estudo que nel se fai, o cal posibilita un mellor coñecemento da vida e da evolución dos medios de comunicación escritos e radiofónícos nesta representativa comarca galega. Os máis de seiscentos números editados, así como as emisións dunha radio local, aquí descritos e analizados por un historiador e unha xornalista, dan conta da importancia e da transcendencia de toda esta serie de medios na evolución da prensa galega - en moitos casos en galegos - do século XX. [Contraportada do libro]