Novela inserida no formato da ucronía do xénero fantástico. Está ambientada nunha Galicia medieval na que non existe o cristianismo e inclúe numerosos xiros humorísticos.
Na Idade Media, Galicia chámase Miranda, e é un ducado dependente do reino de Asturias; aquí nunca se chegou a implantar o cristianismo. Os seus habitantes cren nun demo chamado Gólgur pero pouco máis. Neste escenario Dinís, o duque de Miranda decide encargar unha misión a tres aventureiros de fortuna. A cuadrilla aventureira percorre, con identidades falsas, os condados de Muros e o marquesado de Ribeira.