Puntuación: 2.5/5 (57 votos)
Catalina e o Oso reciben a visita do seu curmán Pedro, saúdanse e saen sen rumbo polo mundo...
...Viaxan facendo carreiras, a veces en carro, a veces moi lento e outras moi rápido.
Trala publicación de "Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso", KALANDRAKA aposta por este novo álbume da autora e ilustradora Christiane Pieper, que supón a continuación das aventuras anteriores, coa incorporación de Pedro, un neno con discapacidade que se despraza en cadeira de rodas.
Trátase dun libro que contribúe a romper barreiras, non só físicas ou arquitectónicas, senón tamén mentais, e a amosar que o movemento faise andando... ou rodando. Porque a integración das persoas con discapacidade non só atañe ás políticas propias do mundo adulto, senón que mesmo dende a educación nos primeiros anos da nenez comeza a construirse un mundo máis igualitario, rico en diversidade e solidario.
"Catarina, o Oso e Pedro", como a súa obra predecesora, insiste en conceptos como a amizade e propón unha viaxe chea de emocións por diversos recunchos exóticos do planeta. Tamén Iles plantexa aos primeiros lectores xogos numéricos, espaciais e psicomotrices, recomendados igualmente para os pre-Iectores. En canto ás ilustracións, destacan polos seus trazos soltos, de estilo impresionista, suxerentes e rebordantes de colorido.
[Presentación editorial]