Puntuación: 2.1/5 (56 votos)
Daniela saíra cedo da casa. Aquela mañá o aire ulía a festa, o ceo estaba moi azul e un sol grande e redondo dáballe os bos días dende o alto. Daniela sorriu. E o sorriso de Daniela voou e voou ata pousar no corazón de Roberta, coma un colibrí de primavera.
Un relato inzado de figuras literarias que rezuma optimismo e ledicia en cada unha das súas liñas. Daniela irradia gañas de vivir a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño do seu sorriso voador, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizán esta fábula.
A hipopótama, o chimpancé, a elefanta, a avestruz e o chacal cambian os seus complexos, 0 seu mal humor, a súa vida monótona, a súa insenbilidade e o seu carácter belicoso por unha nova actitude ante a vida, con autoestima, agarimo, audacia, tenrura e simpatía.
Carmen Gil ofrécelles aos lectores un relato de estructura circular, que cheo de contrastes e gran carga simbólica. Tamén se pode interpretar como un puzzle de historias unidas por un fío conductor: o sorriso de Daniela, que se contaxia dun personaxe a outro ata volver á protagonista principal logo de ter sido "colibrí en primavera, bolboreta de cores, raio de sol, chuvia de maio e un aloumiño do ar".
Dende o punto de vista estético, destacan a luz e o colorido co que Rebeca Luciani constrúe o mundo de Daniela. O detallismo das súas ilustracións, a orixinalidade coa que superpón os distintos elementos de cada escena -a modo de collage- e a complicidade que establece cos lectores mediante a introducción de garabatos e pinceladas infantís, definen esta proposta, coa que a ilustradora plasma a súa evolución artística.
[Presentación editorial]