Puntuación: 1.6/5 (68 votos)
Neste interesante traballo, Silvia González Soutelo, ofrécenos unha visión histórica da importancia das augas mineromedicinais na antigüidade, especialmente na época romana, dentro da provincia de Pontevedra.
Ao longo das súas páxinas faremos un percorrido histórico polos principais enclaves de augas mineromedicinais na provincia de Pontevedra, prestándolle unha especial atención a aqueles que presentan un maior número de evidencias arqueolóxicas e antropolóxicas e que nos permitan testemufiar o seu emprego e explotación na antigüidade.
A autora parte dunha visión, dende unha perspectiva xeral da natureza do cofiecemento e explotación das augas mineromedicinais na antigüidade, cun progresivo acercamento á realidade destas augas en Galicia, consonte co seu contexto social, histórico, arqueolóxico e antropolóxico, para posteriormente aplicar estes resultados a un espazo concreto como é o da provincia de Pontevedra.
Trátase, polo tanto, dunha revisión dos principais aspectos históricos e culturais vinculados á explotación das augas mineromedicinais en Galicia, buscando unha orixe concreta na antigüidade.
[Fragmento da presentación de José María Bello Maneiro, Alcalde de Valga]