En "Ferrin e outras historias", Santiago Lamas reúne os seus xa característicos feixes de notas en tres ensaios sobre tres interesantes temas. En "Volverse contra sí" reflexiona sobre o suicidio en xeral e na narrativa de Méndez Ferrín. En "Nunca chegarás a nada" escribe sobre un dos grandes autores de cómics, Hugo Pratt, e sobre o seu personaxe máis emblemático e popular, o mariño Corto Maltés. En "De homes, lobos e lobishomes" trata sobre personalidades múltiples, asasinos en serie e sobre Manuel Blanco Romasanta, o famoso lobishome galego. [Contracapa do libro]