En "O vendedor de libros", o autor fala sobre as vivencias da súa vida laboral, as súas diversas actividades e as dificultades que houbo de sortear ata atopar a profesión que o conformou, a de libreiro; das satisfaccións e os desgustos derivados desta; da súa vida familiar e social. A narración é profusa en anécdotas, unhas xocosas, outras máis emotivas e algunhas outras que convidan á reflexión. Por momentos volve á infancia con algún outro recordo e deléitanos tamén comentando aspectos históricos do seu Santiago de Compostela. Este libro, por momentos rico en detalles, fálanos tamén da vida montevideana e uruguaia pero doutra época distinta, cargada de contratempos e dificultades económicas e sociais. En definitiva, a vida xuvenil e adulta do protagonista e o seu ámbito, que pode ter grande similitude coa doutros emigrantes da súa época. [Contracapa do libro]