Anos de odio. Golpe, represión e guerra civil na provincia da Coruña (1936-1939) Coordinador editorial:
Emilio Grandío Seoane
Escritor/a:
Varios autores
A obra que tedes entre as mans é o resultado de dous anos de traballo, posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, e un equipo de investigadores vencellados na súa maioría á Universidade de Santiago: Eliseo Fernández e os profesores Eduardo Rey, María Jesús Souto e Emilio Grandío.
Traballouse sobre o fondo documental quizás máis importante a en canto a cantidade –e calidade- de información sobre tema na provincia. A división da provincia en tres zonas con centros en A Coruña, Ferrol e Santiago, resposta á mesma división interna da Delegación de Orde Pública da Provincia. A metodoloxía empregada no traballo permitiunos atopar valiosos documentos que doutro xeito non terían saído neste momento á luz pública.