Puntuación: 2.0/5 (48 votos)
O colapso ambiental e social, a guerra e a degradación inaudita
(desde a época das estatuas á dos caníbales) do laborioso pobo
escultor que habitou a illa máis solitaria do mundo, configuran o
tráxico asunto da TRILOXÍA DA ILLA DE PÁSCOA, fundamento de Ciclo
de Marte. O tema xeral deste ciclo é o conflito cosmolóxico orixinado
pola autoafirmación posesiva da vida, coa súa ambición, agresión
e belicosidade postas ao servizo da loita contra a oposición que a
refrea. ILLA DE PÁSCOA I: ATÁN mostra nun inestable apoxeo o pobo
pascoense, composto por dúas nacións, os orellas longas e os orellas
curtas, cuxa integración imperfecta aparece agravada pola hexemonía
despótica dos primeiros e a común escasez de recursos. En
ILLA DE PÁSCOA II: IKO os escultores, mudados en gardiáns, penosamente
custodian unha orde social imposta polas armas de pedra,
na que a fame vén decimando unha poboación abocada ao exilio
polo océano incerto, á pillaxe e á desesperación. ILLA DE PÁSCOA III:
OROROINA presenta a miseria alucinada dos restos do antigo pobo
escultor nunha terra sen árbores e nos extremos da subsistencia.
Atordados polo presente inhóspito e o medo aos espectros dunha
historia homicida, homes e mulleres rosman nunha cova a súa
prostración reducidos a un fato de antropófagos. OS GUERREIROS
CELESTIAIS, comedia fantástica, é a viaxe iniciática dun xefe samurai
que cos seus homes se apresta a expiar a súa contribución inconsciente
ao caos do Imperio, mediante a liberación dunha princesa e
a adquisción das virtudes do desprendemento e da compaixón.
Por fin, a miscelánea ASTEROIDES, integra pequenas pezas de tons,
argumentos e escenarios diversos.
Unha obra dramática en verso, inusual no panorama das letras
galegas, e incluso hispánicas, chea de forza, esplendor verbal e
significación.
[Contracapa do libro]