Pura Salceda (México, D. F., 1961), poeta e ensaísta, filla de pais galegos emigrados, é licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Filoloxía Románica na Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelo- na. Profesora de Lingua e Cultura galegas e tradutora, con- ferenciante e articulista, no ano 2003 publica conxunta- mente con Andrés Aberasturi o ensaio Hola, de dónde eres? Manual de urgencia para navegar en los chats, unha obra en clave de humor sobre a comunicación virtual no marco das novas tecnoloxías. No ano 2005 ve a luz o seu primei- ro libro de poemas, Versos de perra negra, prologado por Luis Eduardo Aute. Poemas da súa autoría figuran na anto- loxía La voz y la escritura, publicada en Madrid río ano 2006.
A ollada de Astarté é o primeiro libro en galego da autora que ve a luz. [Lapela do libro]