Antonio Placer, músico, poeta e compositor, de raíces bergondesas e coruñesas, vive dende hai anos exiliado en Francia e é autor de sete discos individuais que converten a súa obra musical nun importante punto de referencia na música de cantautor europea.
O presente libro ofrece, en edición trilingüe (galego-español-francés) unha mostra da súa obra poética, intimamente asociada á súa rica e variada expresión musical. [Lapela do libro]